Traballo
A solución ideal para o que teñas en mente
Servizos
Liña fina, tatuaxe tradicional, tribal, lettering, covers… Somos profesionais con anos de experiencia ás nosas costas, polo que podemos facer realidade a idea á que non lle acabas de atopar o xeito, falemos! Ademáis temos a sorte de estar moi ben rodeadas neste oficio, polo que temos visitas regulares de moitas amizades que fan unhas tatuaxes increibles. Por iso recomendámosche que sigas as nosas redes sociais para poder manterte ao tanto de cando temos unha visita programada.
Ofrecemos tamén laser e piercing con visitas regulares doutras compañeiras de oficio, pregúntanos por ambos servizos.
Dúbidas frecuentes
FAQ
Como podo pedir cita?
Ofrecemos distintas canles comunicativas para que poidas facernos chegar a túa idea, polo que pedir presuposto e cita é ben sinxelo! Podes usar o Whatsapp, o Instagram, o mail sementetatuaxe@gmail.com ou podes pasarte pola tenda e falamos en persoa, que é o noso medio favorito!
Traballades liña fina?
Por suposto! En semente coidaremos da túa idea e a trataremos coa maior delicadeza e coidado, polo que darémosche o que buscas.
Existe un prezo mínimo para tatuarse?
Así é, en Semente o prezo mínimo son 50€. A partires de aí varía segundo o tipo de deseño, tamaño e ubicación, contáctanos sen compromiso para coñecer o presuposto da idea que tes en mente.
Tedes deseños listos para tatuar?
Claro! Dentro do noso traballo diario, está o deseño e desenvolvemento de novas ideas. O debuxo é o que nos move, polo que sempre temos libros de deseños con moitas ideas listas para tatuar e satisfacer aos paladares máis exquisitos.
Teño unha tatuaxe que xa non me gusta, ofrecedes algunha solución?
A experiencia ensinounos a poder darlle unha nova vida a unha tatuaxe pola que xa non te sintes representada polo motivo que sexa. Así que xa sexa que precisa un retoque para lucir linda de novo coma ser cuberta, en Semente estudiaremos o teu caso para que voltes desfrutar no marabilloso mundo das tatuaxes.
Tatúate connosco
En Semente coidamos cada idea que chega a nós. Polo que xa sexa unha tatuaxe delicada, coma un proxecto máis grande, un deseño personalizado, un cover ou calquera que sexa o que busques tatuarte, en Semente acertarás.