Estudo · Equipa
Así naceu Semente
Decembro de 2019
Nando , Santi e Silva organizaron unha viaxe para coñecer a Tato Andy (unha figura importante do que foi a escena de Copenhagen nos anos 70 e 80). Durante esa viaxe visitaron tamén o Reb Tat2, o Goteborg Classic Tattoo e o gran Kosmos. Non era a súa primeira viaxe pero sen dúbida foi a que preparou o terreo para o que logo desenvolvería o que hoxe é Semente Tatuaxe.
Visitando as distintas tendas e coñecendo os distintos enfoques das persoas respecto ao oficio así como observando pedazos de historia da tatuaxe sueca foi como estes tres amigos comezaron a divagar coa idea de que elementos facían uns sitios así de máxicos.
A vida levou a que uns anos despois desa viaxe, Silva puidese desenvolver, con moita axuda, a idea que un día naceu cos seus amigos. Así que ese proxecto púxose en mans de tódalas persoas que o acompañaron durante os anos de oficio polo que a implicación por parte de todas foi total.
Dende a arquitecta ata a deseñadora, tódalas amizades e familia deronlle á idea tódolos matices que estaban por rematar.
E así, despois de traballar un pouco, naceu o noso lugar favorito do mundo. Un espazo que vemos medrar con cada persoa que marcha cun sorriso, por cada persoa que entra recomendada.
Un espazo onde aprender e crecer a tódolos niveis. Unha equipa que vai medrando e vai xerando vinculos dos que desfrutaremos toda a nosa vida. A vida é para crecer e coidar e non nos podemos sentir máis afortunadas por facelo con Semente.
Quen é semente?
Equipa
Silva
A persoa detrás de Semente, namorado da tatuaxe e os vínculos que esta crea. Tras moitos anos de ir coa mochila daquí para alá, reuniu os ingredientes para crear un espazo onde partillar e desfrutar. Na súa tatuaxe atoparás deseños potentes, cores vivas e moito mimo. A lectura do seu traballo baila entre o folclore e a simboloxía, aderezado cun onirismo que busca unha ollada pausada.
@csilvatattoo
Convidadas regulares
En Semente desfrutamos de abrir as nosas portas e de aprender e partillar o que sabemos con outras compañeiras de oficio. Algunhas visitas son esporádicas outras, en cambio, son máis regulares e podemos desfrutalas con máis gustera. Polo que ademáis de ser unha parada case obligatoria para quen visita as Rias Baixas de forma casual, somos fogar para as seguintes artistas convidadas de forma habitual!
Puma
Pilar e fonte de enerxía do que é o noso querido Semente. Os seus deseños teñen unha base técnica tradicional e unha base icónica rompedora, nos seus deseños mézclanse calaveras con unicornios, un universo queer, guiños lgtbi e homes peludos. Queremos moito a Puma, a súa enerxía e a atención hacia as persoas que se tatuan con el son unha referencia para nos!
@elpumatattoo
Aldara
Unha das nosas artistas favoritas. Ilusión e ganas de aprender e partillar. Tatuaxe ornamental cunha sensibilidade das formas que se adapten ao teu corpo. Para nós unha clara referencia de como se teñen que facer as cousas, desfrutamos moito das súas visitas, asi que bule a pedir a túa cita para poder vela por Semente Tatuaxe.
@aldaratattoo
Nando
Unha das estrelas guía do noso camiño. O noso querido Nando leva estudando toda a súa vida o mundo das artes: pintor, gravador, escultor… Nando consegue mesturar todo o seu imaxinario para ofrecer unha tatuaxe cunha ollada persoal e moi arraigada a Galiza. Elementos do folclore, solucións artísticas dunha mente brillante… Amamos a súa tatuaxe e o amamos a el, lévate un pouco de maxia tatuándote con el!
@fernandovoyeur
Miss Nacar
A nosa querida Sonia deixou unha pegada no noso corazón a primeira vez que nos visitou. Comparte con Iker o bonito Zirimiri, no casco vello de Bilbao. O seu traballo danza entre a meticulosidade e o bo gusto, tatuaxe con estética xaponesa feita cunha precisión que custa crer.
@miss_nacar
Santi
Outro pilar de Semente, unha das persoas que comezaron a cociñar a idea. Agora guiando o seu propio proxecto en El Camino Tatuajes, A Coruña, pero habitual do noso fogar cando visita as Rias Baixas. Con Santi atoparás unha iconografía tradicional especiada cunha boa dose de macarrismo, dando como resultado un debuxo que bebe do cartoon, do mundo kustom e das referencias de tatuaxe clásica.




